Visita de Fran Alonso e Roteiro "literario/matemático" RÚAS LITERARIAS DE PONTEVEDRA.
No día de onte puxemos o broche de ouro ao
proxecto literario e matemático no cal levabamos traballando desde o pasado mes
de outubro “Rúas literarias e Pontevedra. Século XX/XXI”.
Comezamos a mañá facendo o roteiro polas rúas
de Pontevedra con parada e cada unha delas para que o portavoz de cada grupo de
C e de D nos presentaran o autor correspondente.
Uns con móbil, outros expoendo, outros lendo,
durante dúas horas percorremos Potevedra e enchémola de significado literario
galego: Castelao, Amado Carballo, Cunqueiro viñeron con nós uha fermosa mañá do
mes de maio chea das dosas voces e balbordo .
Unha pequena parada para organizármonos na
terraza do Branco e Negro e esperar a chegada do escritor Fran Alonso que
compartiu con nós a súa poesía do poemario TERRAZA, falounos de como a poesía
lle podía dar sentido ao mundo, da fermosura das palabras, das terrazas, das
motos, das adolescentes sentadas... e moitos versos máis.
Con Fran Alonso escoitamos poesía, bebémola
coas nosas augas para calmar a sede; puidemos preguntarlle sobre a escrita,
sobre o poemario... aconsellounos LECTURA ( sen lectura non hai aprendizaxe e
on hai escrita) e finalmente a osa
compañeira Candela recitounos un poema de Terraza voz a voz co poeta.
Despedimos a Fran Alonso e comezou a terceira
fase da actividade: as actividades matemáticas no Palco da Alameda e o Cubo dos
xardís, medidas, cálculos, apreciacións para completar a xornada.
Roteiro "Rúas literarias de Pontevedra".
O evento será o martes día 8 de maio ás 17.30, durará 30 minutos e o percorrido comezará na rúa Castelao, para continuar polas rúas Uxío Novoneyra, Filgueira Valverde, Amado Carballo, Antón Vilar Ponte e rematar na rúa Álvaro Cunqueiro (no caso de chegar o tempo será na coñecida como praza dos músicos), todos escritores moi significativos da literatura galega dos séculos XX e XXI (materia estudo no currículo de 4º de ESO).No noso percorrido estaremos acompañados pola xornalista Susana Pedreira.
Por parte do noso centro participaremos as profesoras coordinadoras do proxecto, tres alumnos de 4º C e tres alumnos de 4º D.
A ver como nos resulta a estrea, pois o 31 de maio realizaremos o roteiro completo, todo o alumnado e teremos como broche de ouro a presentación do poemario "Terraza" de Fran Alonso e unha acción poética no parque das Palmeiras.
A ver como nos resulta a estrea, pois o 31 de maio realizaremos o roteiro completo, todo o alumnado e teremos como broche de ouro a presentación do poemario "Terraza" de Fran Alonso e unha acción poética no parque das Palmeiras.
Ningún comentario:
Publicar un comentario