Como xa comentamos, arredor da lectura deste obriña de Fina Casalderrey, imos completar a lectura con datos e actividades que ían implicar a outras materias: sociais, plástica, bioloxía...
Xa lemos que os nosos protagonistas realizan unha visita ao Parlamento de Galiza coa súa escola e que a partir daí xurde unha gran idea na cabeciña da nosa Icía...
A profesora Mª Luísa Aldao de Sociais foi a encargada de relacionar o libro co tema de "O Parlamento de Galiza" falándonos de:
- Historia do Antigo Reino de Galiza, o concepto de nación, o Estatuto de Autonomía de Galiza e o seu Parlamento(presentación anexa):
- Guiounos na visita virtual ao Parlamento de Galiza: http://www.parlamentodegalicia.com/estaticos/visitavirtual/index.htm
- Explicounos o funcionamento do Parlamento, o Pleno e a representación do pobo.
- E a participación cidadá no Parlamento:
Grazas a Luísa pola súa colaboración cos clubs de lectura.
Na seguinte sesión teremos o encontro con Carmen Pernas, a ilustradora do libro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario