( A muller toxo;
Toxo, nome científico: Ulex europaeus)
Clara,
a nosa SuperUlex (defínese
a si mesma coma
“Cardo. Tojo . Distante. Soberba”),
vén de reincorporarse ao seu instituto (Liceo) tras recuperarse
dunha leucemia que lle deixou unhas secuelas moi curiosas, uns
superpoderes ( hipersensibilidade na pel, unhas forzas
extraordinarias,
un cabelo “ingovernável
e
crespo”) que van
facer dela unha “superoína”.
Clara
escribe en cadernos a súa vida, ela mora con a súa nai, a súa tía
Susa e a súa especial
e marabillosa bisavô
Rorita ( confidente e
unha das personaxes máis potentes da novela),
nun mundo de
mulleres; cando ela
descobre os seus superpoderes decide utilizalos para combater a favor
das boas causas: loitar contra os abusos e os acosos dos maus
compañeiros, axudar aos animais confinados ou protexer
o medioambiente... conxuntamente coa súa banda de compañeiros e
compañeiras, a
tropa fandanga. Porén
ela tamén está á procura da súa identidade, do sentido da
heroicidade: “ ... a heroicidade é exercer a dintinçao no reino
da uniformidade...”
“ As superoínas
também dubidam”
Mais
esta novela de Susana Aríns non queda nos feitos, na superficie,
senón que profundiza no día a día da protagonista, da súa
familia, das súas amizades, nos seus sentimentos, as súas
inseguridades, nas transformacións dos seus corpos e mentes
adolescentes. Cunha gran sensibilidade, a autora nárranos por medio
de pequenos capítulos, frases curtas e directas de doada lectura as
aventuras do cotiá vividas pola rapazada da
ESO do instituto de Clara, o choque entre os enfoques do mundo dos
adultos e os puntos de vista dos e das adolescentes ( en moitos casos
máis claros e xustos cós dos adultos)...
Destaca
a descrición do mundo dos e das adolescentes polo que din, polo que
pensan, polo que fan, a visión dos profes e do mundo estudantil, as
súas mensaxes son claras e directas , pódense contrastar os
personaxes positivos fronte aos negativos, nunha narración en 1ª
persoa que enriquece moito o texto.
Unha
novela dos superheroes da vida cotiá que
deparará
máis dunha sorpresa ao
lector ou lectora,
que se le con fluidez e pracer; unha
obra narrativa esta
da que gozaredes coa lectura, comentarédela entre
vós, arredor da cal
debateredes, mesmo vos posicionaredes os lectores e as
lectoras xuvenís,
de certo que non vos deixará indiferentes,
que vos conmovorá e
llela recomendaredes aos vosos e vosas colegas. Unha
novela na que atopamos as pegadas da autora de LIX portuguesa Ana
Pessoa e unha edición moi coidada coma a que xa nos teñen afeitas
os editores de Cuarto de Inverno.