En imaxes:
Co Rovachol:
Con Benito Soto e Morning Star:
Amosando publicacións coa etiqueta encontro lector b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta encontro lector b>. Amosar todas as publicacións
25 de marzo de 2017
Creando historias no Salón do libro.
E chegamos ao Salón do libro e houbo que esforzarse e sacar o mellor da nosa creatividade a partir dos dados:
Daniel e Alejandro, sobre cumes e peras:
Jaime e Blanca, sobre cumes, peras e empresas:
Iago, Pili e Alberto, sobre cafés, cumes, peras e empresas:
COMPARTINDO PRÁCTICAS DE LECTURA EN PONTEVEDRA: ENCONTRO CLUBS DE LECTURA.
Pois xa foi; xa chegaron os mozos e mozas do club do Fernando Esquío de Neda e xa compartimos experiencias lectoras na cidade de Pontevedra; estamos no día de despois facendo avaliación do encontro de clubs de lectura que cremos que podemos resumir nunhas fermosas palabras:
"COMPARTIMOS"
"NON HAI MELLOR APRENDIZAXE QUE A QUE SE REALIZA ENTRE IGUAIS" .
E entre lectores do norte e do sur da Galiza, adolescentes unidos nunha fantasía lectora arredor dunha cidade, Pontevedra, dun salón do libro "O mundo que queremos", dunha obra de teatro "Normas... de Sarabela teatro", dun roteiro literario: "A filla das ondas"(adaptación do libro de Fina Casalderrey) e dun bo rato entre compañeiros para comer un cacho de rosca ao tempo que falamos de lecturas... que máis lles imos pedir...
Rimos, falamos, aplaudimos, seguimos as pegadas literarias de Amado Carballo, de Paio Gomes Chariño, de Gonzalo Torrente Ballester, de Xosé Miranda, de CASTELAO... polas rúas da cidade fundada por Teucro, de Fernando Esquío na nosa biblioteca, nas voces dos rapaces e rapazas de Neda, de Pontevedra.
As lectura tenderon os azos, os gonzos literarios e da amizade, o pracer de compartir xuntos os nosos versos e as nosas pegadas nas lousas de pedra da cidade dos limóns e sas laranxeiras.
"Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa"
19 de marzo de 2017
Encontro clubs de lectura: Pantasmas de Papel (IES Fernando Esquío de Neda) e Sala de lectura S.C. (IES Sánchez Cantón de Pontevedra).
Esta semana estaremos moi ocupados preparando o encontro co club de lectura do Fernando Esquío que nos visitará o venres 24.
Polo de agora xa temos elaborado o programa e os materiais que imos ler no Roteiro literario por Pontevedra que deseñamos coa fin de mostrarlles a nosa cidade a partir dunha selección de fragmentos do libro"A filla das ondas" de Fina Casalderrey e outros textos poéticos de poetas de noso como Amado Carballo ou Paio Gomes Chariño.
Na actividade participarán arredor de 60 rapaces e rapazas dos nosos clubs (1º,2º,3º e 4º de ESO).
PROGRAMA:
· 9.45. Encontro clubs. Presentación.( Chegada a
Capela de San Roque e acollida no IES Sánchez Cantón)
· 11.15 Teatro no Pazo da Cultura.
· 12.40 Visita ao Salón do libro.
· 13.30 Xantar de confraternización (zona da Illa das
Esculturas).
· 15.00 Encontro lector.
· 17.00. Roteiro literario
“A filla das ondas” polo centro histórico da cidade.
· 19.00 Despedida.
O martes teremos a reunión para puntualizar a organización de todas as actividades programadas.
27 de novembro de 2016
Encontro lector en Librería Paz

No día de onte os alumnos e alumnas do club de lectura de 4º de ESO C e D e a súa coordinadora tivemos o pracer de ter o noso encontro lector co escritor e editor Francisco Castro para compartir ideas e comentarios sobre o seu libro "Tes ata as dez" e nesta ocasión mudamos de espazo e fomos ata o delicioso marco da Librería Paz.
Rodeados de libros, falamos co escritor da súa obra, dos personaxes, da trama, do marco histórico mais tamén da vida, da situación das mulleres na sociedade (na franquista da novela e na actual) e da importancia da lectura para aprender a pensar.
Os chic@s puideron compartir co autor as súas opinións sobre a obra e aclarar moitas preguntas arredor da mesma. As respostas de Francisco Castro foron densas, amables e soubo achegarse ás inquedanzas dos adolescentes, aconsellalos e compartir con eles.
Logo do encontro, grazas a amabilidade de Librería Paz, puidemos visitar os fondos de Banda Deseñada e Manga, literatura fantástica e literatura xuvenil, curioseamos, falamos de lecturas, ulimos e tocamos os libros ... un pracer facelo en boa compañía.
Encontro lector na Libreria Paz on PhotoPeach
Fotografías de Helena, Librería Paz.
Reproducimos agora un artigo do autor sobre a novela:
O FRAGMENTO MÁIS CITADO DE ‘TES ATA AS 10’
FRANCISCO CASTRO·
XOVES, 16 DE MARZO DE 2017En todas as novelas hai un fragmento que, polo que sexa, ás lectoras e lectores lles gusta especialmente. Este que aquí vos deixo é sen dúbida o máis citado, fotografado, compartido... É un dos textos que Toni, o protagonista da novela, atopa e que escribiu seu pai.
“As palabras fundan o mundo. Poden destruílo tamén. As palabras e as formas en que son transmitidas. Por iso pode haber –téñoo oído así un cento de veces- murmurios que provocan furados no medio do peito polo que vai entrar, e aniñar, un monte de delicia.
Dicía Wittgenstein que as palabras son figuras da realidade. Dicía Nietzche que se queriamos entender algo había que investigar a orixe das palabras que usamos para nomear as cousas. Sei que as dúas ideas son certas. Nacemos, e o que nos chega do exterior son, ademais de tactos, sabores e sensacións térmicas, palabras, fonemas que aínda non comprendemos -hai quen pasa pola vida e nunca os comprende-, pero arrolan ou desesperan. Namorándonos das palabras. Lemos libros procurando as palabras que nos leven a mundos máis afastados, ao País das Marabillas de Alicia. Algúns náufragos constrúen illas de palabras e aí son os Reis Magos do universo, bufóns e poetas, cíclopes dun só ollo feito de semánticas que saen quen sabe de onde. Palabras, verbas, as miñas, nesta fala de ceo, salitre, chuchameles, alacráns, montañas, leite de vaca, preamar, lueiro, fentos, aloumiños, corazón, pel, poros, mamilas, chocolate, beixos ás agachadas nun bar que ese serán abriu só para ti e para min. Coas palabras dígoo todo. Coas palabras doulle corda ao reloxo do planeta. Coas palabras sento nas nubes, mergúllome no teu escote e navégasme entre as coxas. Palabras. Estou feito de palabras. Morarei e morrerei dentro delas, ben tapado, espero, por unha ortogramática corpórea de pel amada.”
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






