Proxectos

Visita de Fran Alonso e Roteiro "literario/matemático" RÚAS LITERARIAS DE PONTEVEDRA.

No día de onte puxemos o broche de ouro ao proxecto literario e matemático no cal levabamos traballando desde o pasado mes de outubro “Rúas literarias e Pontevedra. Século XX/XXI”.



 Comezamos a mañá facendo o roteiro polas rúas de Pontevedra con parada e cada unha delas para que o portavoz de cada grupo de C e de D nos presentaran o autor correspondente.
Uns con móbil, outros expoendo, outros lendo, durante dúas horas percorremos Potevedra e enchémola de significado literario galego: Castelao, Amado Carballo, Cunqueiro viñeron con nós uha fermosa mañá do mes de maio chea das dosas voces e balbordo .



Unha pequena parada para organizármonos na terraza do Branco e Negro e esperar a chegada do escritor Fran Alonso que compartiu con nós a súa poesía do poemario TERRAZA, falounos de como a poesía lle podía dar sentido ao mundo, da fermosura das palabras, das terrazas, das motos, das adolescentes sentadas... e moitos versos máis.


Con Fran Alonso escoitamos poesía, bebémola coas nosas augas para calmar a sede; puidemos preguntarlle sobre a escrita, sobre o poemario... aconsellounos LECTURA ( sen lectura non hai aprendizaxe e on hai escrita)  e finalmente a osa compañeira Candela recitounos un poema de Terraza voz a voz co poeta.

Despedimos a Fran Alonso e comezou a terceira fase da actividade: as actividades matemáticas no Palco da Alameda e o Cubo dos xardís, medidas, cálculos, apreciacións para completar a xornada.





Roteiro "Rúas literarias de Pontevedra".



No marco do noso proxecto de aula-biblioteca, interdisciplinar (lingua galega e matemáticas) "Rúas literarias de Pontevedra" de 4º de ESO; despois de longas xornadas de traballo desde comezo de curso ( VII fases con diversas tarefas relacionadas coa escrita,  a literatura e as matemáticas, seguindo o método de aprendizaxe ABP e  tendo como un dos obxectivos a alfabetización mediática e informacional do alumnado) , estreamos o noso roteiro literario en primicia e versión reducida (pois só durará 30 minutos e comprenderá unicamente as rúas do centro da cidade),  colaborando co Servizo de Normalización Lingüística do noso Concello e coa cadea de radio Onda Cero para celebrar o "Ben veñas Maio".



O evento será o martes día 8 de maio ás 17.30, durará 30 minutos e o percorrido comezará na rúa Castelao, para continuar polas rúas Uxío Novoneyra, Filgueira Valverde, Amado Carballo, Antón Vilar Ponte e rematar na rúa Álvaro Cunqueiro (no caso de chegar o tempo será na coñecida como praza dos músicos), todos escritores moi significativos da literatura galega dos séculos XX e XXI (materia estudo no currículo de 4º de ESO).No noso percorrido estaremos acompañados pola xornalista Susana Pedreira.

Por parte do noso centro participaremos as profesoras coordinadoras do proxecto, tres alumnos de 4º C e tres alumnos de 4º D.

A ver como nos resulta a estrea, pois o 31 de maio realizaremos o roteiro completo, todo o alumnado e teremos como broche de ouro a presentación do poemario "Terraza" de Fran Alonso e unha acción poética no parque das Palmeiras.


Ningún comentario:

Publicar un comentario