Esta mañána a nosa sesión de club estivo felizmente compartida co mestre Anxo González Guerra que enriqueceu o noso encontro arredor de Europa Expres de Andrea Maceiras; falamos de viaxes para desfrutar e para formarse, de premios de narrativa e de xurados.
Achegouse tamén a profesora Pilar Fernández Herráiz para acompañarnos nesta viaxe de interrrail por Europa.
Xa que ambos, o profesor Anxo e máis eu (a profesora Anxos) tivemos a sorte de formar parte do xurado dos premios Xerais hai dous anos, explicámoslles ao membros do club como se realiza a selección de obras e ensinámoslles o libreto de Europa Express.
Falamos de Andrea Maceiras, da súa traxectoria coma autora novel ata a actualidade e iso levounos a reflexionar sobre a gran calidade literaria das mulleres escritoras galegas co referente de Ledicia Costas e o seu premio nacional e ao entrañable Agustín Fernández Paz; fíxose tamén referencia ás traducións das súas obras e á calidade, recoñecida mundialmente, da LIX galega.
Boa conversa en inmellorable compañía e un doce biscoito para recuperar forzas antes de continuar a mañá de clases.
Grazas por compartir lecturas con nós Anxo González Guerra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario