3 de marzo de 2018
TAM de Anémona de Río e o manga en galego.
Tam de Anémona de Río (alumna do Garaxe Hermético dirixido por Kiko da Silva) gañadora do Premio de fin de curso da terceira promoción preséntanos o que a prensa calificou coma o primeiro manga en lingua galega.
Realmente o primeiro manga ( comic de estética xaponesa) que se publicou en lingua galega foi "Bícame profe"de Kazuma Kodaka (Autor), María do Carme Pampín Otero (Traductor), publicado por Edicións do Cumio que gardaba a estética e formato ( imaxes características , lectura invertida ou do revés...) propio doutras publicacións de manga en español máis populares como Naruto ou Death Note. "Bícame profe conta a historia dun rapaz adolescente que quere cambiar de instituto para poder estar perto do seu veciño, do que está namorado.
Agora recibimos con ilusión a publicación deste "manga" de estética en canto á imaxe pero non no que respecta ás características (non se le do revés por exemplo) que nos presenta a Tam, unha moza que, coma calquera outra moza, tras recibir un convide a un encontro de antigos compañeiros pon de manifesto os seus medos e as súas preocupacións. De formato atractivo e moi amena de ler polo tipo de debuxos.
Moi divertido e tenro, Tam e os seus compañeiros de piso (un canciño e un loro) poñerán a súa vida "patas arriba" para adoptar a imaxe de moza ideal.
As imaxes son atractivas e explícitas e as liñas de deseño comunican os movementos dos personaxes e dos obxectos. Imaxe e texto dialogan entre si e co lector invitándonos a desfrutar da historia e das súas viñetas.
Benvida sexa pois esta primeira obra de Anémona de Río.
18 de febreiro de 2018
Materiais e proposta de roteiro para "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta" de Ledicia Costas.
Nos clubs de lectura de 2º e 4º de ESO leron e están a ler a novela de Ledicia Costas "Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta"; como actividade de reforzo da lectura da obra estamos a preparar unha visita a cidade de Vigo e un encontro co club de lectura "Pedra do acordo" do IES San Paio de Tui.
Esta é a nosa selección de materiais e a proposta de itinerario literario para o roteiro:
MATERIAIS:
https://www.slideshare.net/anxosRialVidal/jules-verne-e-a-vida-secreta-das-mulleres-planta-materiais-roteiro
16 de febreiro de 2018
TRANSformando o mundo en 22 SEGUNDOS con EVA MEJUTO
22 Segundos tarda o vídeo do protagonista desta novela en subirse á Rede e 22 segundos tarda a súa autora, Eva Mejuto en "abrir a caixa das treboadas" fronte a esta viaxe cara a propia identidade de xénero.
" Hai persoas que nunca serán quen de captar nada que saia do rego" e o berro que nos transmite esta obra quere chegar a todos e todas nós e máis a eles, aos do rego; un libro que busca axudar a identificarnos a mirarnos cara adentro coma Alex,o protagonista.
Esta novela que consta dunha introdución e 22 segundos-capítulos breves (cal esceas teatrais) os que favorecen a axilidade dun estilo narrativo rápido no que predomina o diálogo ( moi a gusto dos e das adolescentes, como as imaxes dos vídeos en internet).
A mensaxe é o obxectivo primordial da obra: axudar-difundir-comprender cunha linguaxe literaria que está moi preto da linguaxe xornalística, combinando un narrador protagonista en primeira persoa coa omnisciencia.
Co progreso da trama, Alex crece e cada vez fai máis visible a súa identidade de xénero, para si mesmo e para os que o rodean. Unha chea de subtemas relacionados co asunto principal: o futbol e as nenas, cadaquen que escolla os seus xoguetes, os comics... compoñen os ingredientes para que a receita sexa DO SABOR E GUSTO DE TODOS E TODAS.
Recibir a Eva Mefuto no noso insti acompañada de Canela Cafuné, as súas cancións, as súas reflexións e voces, axudáronnos a facer un alto no camiño, a mirarnos cara adentro e ver a mirada dos outros e das outras, a aprender a respectar e a querer un poco máis aos e ás que son distintos da maioría, aos que son e desexan sentirse e ser tratados como un e unha máis, axudánronnos a TRANSformar un pouco este mundo.
28 de outubro de 2017
24 de setembro de 2017
CURSO ESCOLAR 2017/18: Arroupad@s coas palabras de Mª Victoria Moreno.
O noso proxecto lector vai estar arroupado este curso pola escritora Mª Victoria Moreno: a lectura das súas novelas e a investigacións sobre a súa vida e obra.
As Letras Galegas 2018 van estar adicadas a esta gran muller que viviu, creou, foi docente... soñou nas rúas da nosa cidade.
22 de xuño de 2017
X XORNADA DOS CLUBS DE LECTURA
Aquí estamos, mergullándonos na grande festa da lectura que se celebrou en Compostela co gallo do décimo aniversario do programa de clubs de lectura, a X XORNADA DE CLUBS DE LECTURA.
Relatarémosvos un pouquiño do que fixemos e das actividades nas que participamos:
O noso submariño partiu de Pontevedra cunha pequena representación de todos os nosos clubs (Nubes de palabras) do IES Sánchez Cantón. Iamos un pouco nerviosos por que Alberto Freire de 1º ESO ía participar ante un auditorio de 1200 persoas (mocidade, profes e profas, asesores, mesmo políticos) conxuntamente con outras catro rapazas e da man de Óscar López nun obradoiro sobre como realizar un programa sobre libros. Levabamos preparada a nosa parte da tarefa grazas ao traballo da rapazadado club de 4º ESO C; foi unha magnífica experiencia e cónstanos que Alberto frotou na "nube de palabras" durante toda a xornada.
Rematada esta experiencia lectora, separámonos para asistir aos distintos obradoiros que se nos ofertaron: manga, dobraxe, grafitti, banda deseñada... que ilusionados estabamos cando nos reencontramos e canto nos tivemos que contar:
Un xantar de película... camións de burguers, ensaladas, churrasco, polbo, empanada... para repoñer forzas que aínda nos esperaban moitas emocións lectoras.
Retomamos as sesións co encontro de clubs de lectura, correspondeunos reunirnos con clubs de Catoira, Ferrol, Sarria, Ourense e Mos; tras unhas pequenas recicencias iniciais formamos os grupos "revoltos de clubs" e a falar de experiencias lectoras, de recomendacións... e por que será que todos ben se informaron do que comiamos nos clubs (roscas, empanadas,conguitos...):
E aínda queda maissssss? Pos si, quedaba a conferencia de César Mallorquí que nos falou de boas e de malas lecturas, da formación coma lectores, etc.
E coma todas as boas romaxes galegas, esta romaría lectora finalizou con música e baile, e con Xabier Díaz que nos axudou a ponderar o que é de noso, o que nos diferencia e identifica; non fomos quen de permanecer sentados no sillón e o corpo pediunos cantar, movernos, bailar... un fin de festa animado, eu diría glorioso para unha gran xornada lectora.
E coma ben avaliou Alberto a actividade:
Algunhas fotiños máis, que moitas fixemos:
Grazas a todos e todas os organizadores que nos convidaron e permitiron facer realidade este soño lector.
Pois xa sabedes, coma din Sara, Angie e Esteban:
21 de xuño de 2017
Navegando polas lecturas de verán.
E vai de peixiños no mare, tedes que asociar os títulos das recomendacións de verán cos autores que aparecen ao final da publicación, moi sinxelo, tod@s son de moita actualidade e calidadeeee:
6 de xuño de 2017
Xogando coas lecturas.
O pasado martes na nosa reunión do club na
biblioteca, esperábanos uha sorpresa: unha morea de sobres pechados que no seu anverso tiñan unhas lendas e un
puntiño de cores.
Miramos, lemos, demos voltas e fialmente tod@s
tiñamos xa o noso sobre na man, chegou xa o momento de abrilo e
descubrir cal era a lectura que seleccionaramos.
Tod@s quedamos encantados
coa nosa escolla agás David pois é o lector máis avanzado do grupo e escollera
unha obra de iniciación pero como estabamos na biblio tivo unha rápida
solución, a profe buscoulle outra lectura para el moito máis axeitada.
Foi un xeito divertido de escoller a nosa novela.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



























