Tam de Anémona de Río (alumna do Garaxe Hermético dirixido por Kiko da Silva) gañadora do Premio de fin de curso da terceira promoción preséntanos o que a prensa calificou coma o primeiro manga en lingua galega.
Realmente o primeiro manga ( comic de estética xaponesa) que se publicou en lingua galega foi "Bícame profe"de publicado por Edicións do Cumio que gardaba a estética e formato ( imaxes características , lectura invertida ou do revés...) propio doutras publicacións de manga en español máis populares como Naruto ou Death Note. "Bícame profe conta a historia dun rapaz adolescente que quere cambiar de instituto para poder estar perto do seu veciño, do que está namorado.
Agora recibimos con ilusión a publicación deste "manga" de estética en canto á imaxe pero non no que respecta ás características (non se le do revés por exemplo) que nos presenta a Tam, unha moza que, coma calquera outra moza, tras recibir un convide a un encontro de antigos compañeiros pon de manifesto os seus medos e as súas preocupacións. De formato atractivo e moi amena de ler polo tipo de debuxos.
Moi divertido e tenro, Tam e os seus compañeiros de piso (un canciño e un loro) poñerán a súa vida "patas arriba" para adoptar a imaxe de moza ideal.
As imaxes son atractivas e explícitas e as liñas de deseño comunican os movementos dos personaxes e dos obxectos. Imaxe e texto dialogan entre si e co lector invitándonos a desfrutar da historia e das súas viñetas.
Benvida sexa pois esta primeira obra de Anémona de Río.
Ningún comentario:
Publicar un comentario