
"As historias falaban dos mortos, das almas que se reunían coas familias e da resurección dos mortos" ( Gabriel Fariña)
" Na primeira historia falounos dun neno que conducía un carro cando un can se cruza no seu camiño, manobra para esquivalo e dáse un golpe na cabeza; chámao a morte e el escusáse xa que di que non foi avisado... pasaron os anos e a morte volveu... pero os avisos xa eran claros ( o pelo cano, as dores no lombo, a mala vista...) e non puido librarse dela" (Aina Francisco).
" O segundo conto trata sobre como Manolo Losada e a súa dona tiveron medo unha noite ao ver un home colgado ao outro lado do camiño e ao mencer viron que era un pantalón colgado nunha árbore" (Emilio Lois).
"Na terceira historia había un neno chamado Xosé que apareceu morto e foron entón enterralo; coma o río desbordara tiveron que dar volta por un camiño máis longo e sentiron uns golpes no ataúde e cando o abriron... Xosé saíu correndo de alí" (Clara Castro).
Os rapaces e rapazas que asistiron valoraron a proposta : " Pareceume unha actividade útil e interesante: Gustaríame facer máis actividades coma esta ao longo do trimestre porque aprendín cousasnovas relacionadas co Samaín e os mortos" ( Teresa González).
Ningún comentario:
Publicar un comentario