Pois xa foi; xa chegaron os mozos e mozas do club do Fernando Esquío de Neda e xa compartimos experiencias lectoras na cidade de Pontevedra; estamos no día de despois facendo avaliación do encontro de clubs de lectura que cremos que podemos resumir nunhas fermosas palabras:
"COMPARTIMOS"
"NON HAI MELLOR APRENDIZAXE QUE A QUE SE REALIZA ENTRE IGUAIS" .
E entre lectores do norte e do sur da Galiza, adolescentes unidos nunha fantasía lectora arredor dunha cidade, Pontevedra, dun salón do libro "O mundo que queremos", dunha obra de teatro "Normas... de Sarabela teatro", dun roteiro literario: "A filla das ondas"(adaptación do libro de Fina Casalderrey) e dun bo rato entre compañeiros para comer un cacho de rosca ao tempo que falamos de lecturas... que máis lles imos pedir...
Rimos, falamos, aplaudimos, seguimos as pegadas literarias de Amado Carballo, de Paio Gomes Chariño, de Gonzalo Torrente Ballester, de Xosé Miranda, de CASTELAO... polas rúas da cidade fundada por Teucro, de Fernando Esquío na nosa biblioteca, nas voces dos rapaces e rapazas de Neda, de Pontevedra.
As lectura tenderon os azos, os gonzos literarios e da amizade, o pracer de compartir xuntos os nosos versos e as nosas pegadas nas lousas de pedra da cidade dos limóns e sas laranxeiras.
"Pontevedra é boa vila, dá de beber a quen pasa"
Ningún comentario:
Publicar un comentario