Esta mañá vivimos na biblioteca unha das experiencias lectoras máis gratificantes: o encontro con Carmen Pernas, a ilustradora do libro que estamos lendo no club de lectura "Icía quere cambiar o mundo" de Fina Casalderrey.
Emocionante poder ver os orixinais das ilustracións e moi enriquecedor que Carmen Pernas, "desde hoxe e para sempre a nosa ilustradora favorita", con todo o seu cariño, nos fora relatando como foi o proceso de creación, desde a lectura do texto, as conversas coa autora, as visitas ao Parlamento de Galicia para fotografar os espazos, as primeiras probas...
Marabilloso o comezo da idea (reproducida nun papel, unha servilleta nunha cafetería...), as imaxes que a man traspasa ao papel, retoques e máis retoques, modificar, correxir, o papel de cera, as cores (os azuis do mar, os verdes da natureza, a expresión e o movemento...), repasar o texto e ir asociando as imaxes aos parágrafos, a simbiose da palabra e a imaxe.
Unha ardua tarefa antes de obter o produto final, o libro tal e como o desfrutamos hoxe en día.
Vaia por diante o noso agradecemento a Carmen por facernos un oco no seu traballo e compartir con nós a arte da imaxe, a súa arte..
Ilustraciones preciosas llenas de delicadeza y a la vez peso y energía. Enhorabuena Carmen.
ResponderEliminarMªJosé H.