Vistos os excelentes resultados de lectura das obras lidas no primeiro trimestre escollemos agora unha fermosa novela itinerante da autora
Rosa Aneiros , que recibiu o Premio Irmandade do Libro ao Mellor libro Infantil e Xuvenil do ano 2014:
Ámote Leo A.
Ámote Leo A. Destino xalundes é a primeira parte dunha triloxía na que Leo nos vai levar de percorrido polo mundo na súa viaxe de fin de estudos; con escasos medios económicos, que lle han de durar para toda a viaxe, e unha mochila na espalda visitaremos con ela países e cidades míticas de todo o mundo; as súas experiencias, positivas e negativas conformarán o relato desta marabillosa viaxe e intentaremos resolver o misterio da pintada que aparecerá nos lugares máis diversos: “
Ámote Leo A.”. Non faltará nesta viaxe xeográfica unha linda viaxe pola literatura universal.
Preparade pois a mochila e collede os billetes que o noso vo está a punto de despegar…
Ningún comentario:
Publicar un comentario