Presentamos a nova lectura que nos vai acompañar neste trimestre Xa non estou aquí de Iria Misa, obra pola que recibiu o premio Jules Verne de literatura xuvenil 2016.
A novela cóntanos a historia de Ánxela, unha adolescente, e do seu grupo de amigos que viven buscando o pracer polo pracer. A desaparición de Ánxela é o motor que provoca que todos vaian tirando do fío ata desfacer o nobelo que esconde a trama.
Os protagonistas son personaxes desarraigados, produto de familias rotas de clase media acomodada que se sinten perdidos no mundo que viven. A amistade, a homosexualidade na adolescencia, o mundo das drogas, os riscos e as subidas de adrenalima son temas que pairan sobre a novela que presenta unha estrutura moi interesante que pon en destaque a individualidade e o poder do grupo a través do narrador colectivo.
Unha crítica á sociedade do benestar que "perde de vista"aos seus fillos aos que non é quen de protexer.
Ningún comentario:
Publicar un comentario