Comezamos este ano lector 2017 cunha nova lectura, abandonamos o mundo da fantasía para centrarnos en "salvar o mundo" como nos di o título desta novela da escritora galega Fina Casalderrey; a nosa protagonista Icía ante a posible desaparición do fermoso habitat no que vive ideará un plan para que coa forza da palabra, da palabra das xentes do pobo, os nosos políticos lexislen normas que sirvan para perservalo... pero non adiantemos acontecementos.
Ecoloxismo e política, natureza, cooperación danse a man nesta fermosa historia que combina as palabras de Fina Casalderrey coas fermosas ilustracións de Carmen Pernas (a nosa admirada profe de Plástica), e estes serán os temas que centrarán as nosas conversas e as actividades que realizaremos a partir da lectura da novela.
Páxina da autora:
Dividiremos a lectura en tres períodos: 1ª,2ª e 3ª partes, 4ªe 5ªpartes e remataremos coa 6ª e 7ª para finalizar a obra; entre lecturas iremos desenvolvendo as actividades e os encontros con persoas especializadas nos temas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario