No día de onte tiven a grande oportunidade de asistir á Xornada de Formación "A diversidade sexual nas aulas, materia pendente?" enmarcada no Programa do Concello de Pontevedra "Pinto e Maragota" pola diversidade sexual.
Na Xornada, de moito interés para o profesorado polo seu caracter divulgativo, porque se puxo sobre a mesa a necesidade urxente de tratar o tema nos centros e pola tenrura e afectividade que acompañou ás intervencións da rapazada.
E reflexionando no día de despois quixera deixar neste blog unhas recomendacións de novelas xuvenís que tratan o tema, sexa porque relatan historias baseadas en casos reais ou porque os seus protagonistas pertencen ao colectivo LGTBI.
Na Xornada puidemos escoitar ás escritoras Eva Mejuto, María Reimóndez, Eli Ríos e Iria Misa que nos falaron das súas novelas:
22 segundos de Eva Mejuto preséntanos a historia da TRANSformación dunha nena que xa desde moi nova descobre que a súa identidade de xénero non é a mesma que á que ao seu corpo lle corresponde. Cun ritmo áxil a autora fai que nos sintamos na pel desta nena que empaticemos con ela e aprendamos a importancia que ten o RESPECTO cara aos diversos.
Fóra do normal de María Reimóndez relátanos a historia de André que vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade; a historia de catro personaxes diferentes que dalgunha maneira son rexeitados polo resto dos adolescentes e como grazas aos lazos afectivos que os unen poderán SER.
DX de Eli Ríos é unha novela sen xénero, os personaxes protagonistas son eles ou elas según o lector desexe porque realmente para vivir o amor e o sexo non importa o carácter dos xenitais. Unha novela de acción, de fuxida, de ciencia e de tecnoloxía nun marco identitario asexuado no que os lectores escollemos o xénero... aínda que é precisa esa escolla?
Iria Misa falounos de Mamá, quero ser Ziggy Stardust, a historia de Aine que con nove anos visita unha exposición e descobre que quere ser como ese personaxe musical que non é home nen muller, .
Nesa mesa de escritoras citouse tamén a xa unha obra clásica da literatura galega A semellanza de Maria Xosé Queizán, unha novela de 1988, pioneira no tema, nas palabras da autora "unha novela de identidade e busca da felicidade", que nos relata a historia de Juanjo que xa no primeiro capítulo da novela tas embadurnarse os labios coa barra de carmín da nai asegura:"Eu quería ser como mamá, tan guapo como mamá..." Non podemos esquecer que a obra de María Xosé Queizán sempre visibilizou ás persoas diversas no su xénero e nas súas prácticas sexuais, da mesma autora podemos achegar tamén Ten o seu punto a fresca rosa.
Sangue 12 de Cris Pavón onde a protagonista vampira é unha lesbiana, toda unha novidade no longo número de novelas de vampiros e certamente unha narración moi asisada, cunha inmellorable posta en escea da trama e cunha ambientación literaria marabillosa que nos achegará a Diodaty onde nos encontraremos con Lord Byron, Polidori e con Perci e Mary Shelley. O amor adolescente, lésbico e vampírico envólvennos nunha historia fermosa e delicadamente tratada que nos conquista desde o inicio.
Queremos destacar nesta selección a novela Testigos de la verdad do noso escritor máis novo en idade, Aarón Fontán; na súa novela, o heroe protagonista é gay e tras un infeliz encontro amoroso no que é moi maltratado afectivamente pola súa condición homosexual finalmente consigue ser correspondido. As esceas amorosas están narradas con moita tenrura e sentimento polo que é unha novela que chegará a conmovernos fondamente.
Na súa intervención R. Lucas Platero (pedagogo e activista LGTBI) recomendou tamén na súa presentación algunhas lecturas para afondar no tema como: Llámame Paula, Tránsito, Soy Jazz entre outras.
E para rematar, que non pechar, estas recomendacións que citar un conto que coñecín a través de Juan Mata no seu facebook, trátase de Con tango son tres ( en galego) que narra a historia real de dous pingüinos machos pais dunha cría femia do zoo de Central Park de Nova York, álbum censurado nas bibliotecas de Estados Unidos polo tema (sempre referenciando a Juan Mata).
https://issuu.com/kalandraka.com/docs/tango-c/6
Jules Puerto recoméndanos en inglés Carry on de Rainbow Rowell ( Carry On is a ghost story, a love story, and a mystery. It has just as much kissing and talking as you'd expect from a Rainbow Rowell novel — but far, far more monsters) e Aristóteles y Dante descubren los secretos del universo de Benjamin Alire Sanz, a historia de amizade entre dous mozos na fronteira entre EEUU e México.
Eva Mejuto lémbranos o álbum ilustrado Piratas no recreo de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz que aborda o tema da realidade trans.
En castelán temos tamén La carta de Ivy Aberdeen al mundo de Asheley Herring Blake, recomendado por Patricia de Lila de Lilith, que según a a editorial "aborda a sexualidade desde una perspectiva realista e conmovedora".
Transbird de Rita Bailón Gijón e Nacho Donoso Bailón, tamén en castelán, é a fermosa historia dun paxariño que quedou illado e triste porque non podía voar; a busca da identidade propia. Podesdes atopalo na nosa biblioteca.
É un pracer que as miñas amigas e compañeiras colaboren para completar esta oferta lectora, así Marga Romero lémbrame Benquerida catástrofe de Teresa Moure sobre a reconstrución da identidade sexual.
Paz Fernández Pereiro recoméndanos Todo isto che darei de Dolores Redondo onde atopamos nunha trama de intriga a un personaxe que vive en conflito coa súa identidade sexual; otras recomendacións súas son Normal, diferente de Kristina Dunker que afonda nunha relación entre Jam e Vera e no mundo das emocións e dos prexuízos e Do outro lado do espello de Jordi Sierra i Fabra que afonda no conflito do descubrimento da identidade sexual na adolescencia.
O rapaz que nunca existiu de Sjon é unha obra moi crúa na que o protagonista ten que exercer a prostitución para sobrevivir ( podedes atopalo na nosa biblioteca).
Titiritesa, Un segredo no bosque e Montruo rosa son álbumes infantís aos que sempre podemos achegarnos con ollos adolescentes e mesmo adultos.
Paz fai referencia á seleccións de títulos do Salón do Libro:
e da Asesoría de Bibliotecas Escolares que podemos consultar:
Jules Puerto recoméndanos en inglés Carry on de Rainbow Rowell ( Carry On is a ghost story, a love story, and a mystery. It has just as much kissing and talking as you'd expect from a Rainbow Rowell novel — but far, far more monsters) e Aristóteles y Dante descubren los secretos del universo de Benjamin Alire Sanz, a historia de amizade entre dous mozos na fronteira entre EEUU e México.
Eva Mejuto lémbranos o álbum ilustrado Piratas no recreo de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso Diz que aborda o tema da realidade trans.
En castelán temos tamén La carta de Ivy Aberdeen al mundo de Asheley Herring Blake, recomendado por Patricia de Lila de Lilith, que según a a editorial "aborda a sexualidade desde una perspectiva realista e conmovedora".
Transbird de Rita Bailón Gijón e Nacho Donoso Bailón, tamén en castelán, é a fermosa historia dun paxariño que quedou illado e triste porque non podía voar; a busca da identidade propia. Podesdes atopalo na nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario